Presentan en Conxemar peixe elaborado nunha impresora en tres dimensións
Enxeñería, cociña e músculo de peixe picado. Mesturen estes tres ingredientes e o resultado é unha experiencia gastronómica innovadora e única. É o que fixeron unha empresa tecnolóxica viguesa e a Organización de produtores de pesca de Marín, Opromar. Estes últimos idearon o Mince, unha pasta elaborada con músculo de peixe triturado que permite un maior aproveitamento dos recursos «É peixe eviscerado, sen espiñas e sen pel, e que se introduce nunha máquina. En definitiva é o músculo, que ten unha textura moi similar á carne picada.»
Esa pasta coñecida como Mince é a materia prima perfecta para crear receitas personalizadas, elaboradas cunha impresora 3D
«Unha impresora 3D de alimentos é igual que outra impresora 3D, coa diferenza de que nós empregamos unha materia prima de alimento. Nós facémoslle un tratamento previo, convertémola nunha pasta, e esa pasta vai nun cartucho e a través dun deseño, realizamos as formas e as texturas que buscamos.»
Por agora esta tecnoloxía está reservada a demostracións culinarias. Pero os promotores deste novo modelo de alimentación aseguran que pronto haberá unha impresora 3D para elaborar pratos personalizados en cada fogar.
Vexa o video aqui: www.crtvg.es
Fonte: TVG
Acción de divulgación enmarcada no PPeC 2018 de OPROMAR, cofinanciado polo FEMP e pola Xunta de Galicia.