“Bravas do Mar”, unha homenaxe ás mulleres do mar feita realidade.

A Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín continúa coa labor que iniciou en 2018 coa presentación do informe sobre aa muller na pesca.

Dende o lanzamento da iniciativa o pasado mes de marzo, o equipo que coordina e executa Bravas do Mar tivo que darlle unha volta ó seu desenvolvemento para adaptarse á nova situación ante a problemática do COVID19.

Así, elaborouse unha web propia onde o alumnado e mestrado podía acceder de forma gratuíta e sinxela, e interaccionar online cos contidos creados para a presentación das Mulleres na Pesca nos centros escolares, orientados ós cursos de 6º de Primaria e 1º da ESO.

Foi unha proposta de participación aberta a nivel autonómico nun momento difícil para o sector da educación, que intentaba facilitar o achegamento a menos e nenas de entre 12-14 anos do mundo da pesca cunha visión de igualdade, non se antes saber cal era a súa visión preconcebida sobre a asignación de tarefas dentro deste sector segundo o sexo (muller/home).

Así, na web http://bravasdomar.opromar.com OPROMAR convídate a unha viaxe interactiva onde finalmente se pode participar nun concurso de relatos para gañar un libro e unha camiseta #BravasdoMar. Preténdese retomar a interacción cos centros no próximo curso, podendo realizar actividades de forma presencial se o COVID19 o permite.

Nesta primeira etapa contouse coa participación de dous centros, un de educación primaria, CEIP Serra de Vincios, e outro de educación secundaria, IES Soutomaior. 4 relatos resultaron premiados coa súa publicación no blog de Bravas do Mar, cun libro impreso da iniciativa e cunha camiseta co deseño da mesma.

As gañadoras foron:

Aroa Alborés Fernández, de 6º de primaria do CEIP Serra de Vincios: UN PASO MÁIS PARA SER MARIÑEIRAS

Martín Ares Novas, de 6º de primaria do CEIP Serra de Vincios: VANE, A BRAVA DO NOSO MAR

Lucía Martinez Otero, de 6º de primario do CEIP Serra Vincios: LÚA, A CAPITANA

Leila Colombino Nievas, de 1º da ESO do IES Soutomaior: EU SON BRAVA

Noraboa e grazas por participar! Os relatos no blog.

Iniciativa enmarcada no PPeC de OPROMAR 2020, cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia.

NOTICIAS RECOMENDADAS